CUMA DE XALLAS E BARCALA

VALORES

A unión como forma de traballo
COOPERATIVISMO

O sentir cooperativo de todos e todas os e as integrantes da CUMA foi posible esta singladura, que nos leva á innovación como camiño ao resultado. O traballo codo con codo, pensar no ben común é o importante.

TERRA

O amor á terra é o que nos leva a vivir os nosos soños pegados a ela: Mazaricos, Santa Comba, A Baña, Negreira son os concellos que nos viron nacer e en eles é onde queremos desenvolvernos.

TRABALLO

Arrimar o ombro, empuxar, codo con codo, no mesmo sentido, xunto co espíritu de sacrificio son as premisas que temos para conseguir que a CUMA sexa un proxecto de futuro.

COMPROMISO

A lealtade ao proxecto común, ás decisións tomadas democráticamente, actuando sempre coa maior eficacia, sen escatimar esforzos para que a realidade que é CUMA DE XALLAS E BARCALA perdure no tempo.

CUMA

O traballo en común
A unión e o ben común como forma de traballo e garantía de éxito

A Cooperativa de Utilización de Maquinaria Agrícola de Xallas e Barcala, nacemos no ano 2002, cando 8 socios dos concellos de Santa Comba, Mazaricos, A Baña e Negreira, decidimos organizarnos en unha cooperativa de maquinaria agrícola, co obxectivo de reducir custos de produción e, polo tanto, mellorar a rendabilidade das nosas explotacións

A cooperativa realiza todos os labores dos socios nos que se emprega maquinaria en común: colleitas, ensilados, empacados, abonado de fertilizantes e con purín, alimentación dos animais...

Para realizar o traballo contamos con 3 tractores, cisterna, arados, rotativa, unha colleitadora, carros mesturadores, remolque para transporte de comida, palas telescópicas, sementadoras e outra maquinaria pequena.

  • INVERSIÓN

    Máis de 1 millón de euros

  • SUPERFICIE

    Laboramos 710 Has. dos 8 socios

  • MESTURA ALIMENTARIA

    Distribuímos 2600 racións diarias

  • FIXAR POBOACIÓN

    4 postos de traballo para xente da zona

SOCIOS

Os nosos socios son cooperativas, sociedades e particulares
GRILLE SCG
Mazaricos
Cooperativa nacida en 1967. Nove familias (8 de Grille e 1 de Antes) deciden xuntar todas as súas terras para unha explotación comunitaria. Na actualidade conta con máis de 300 vacas para muxir e unha produción de máis de 4 millóns de litros.
ÁNGEL SUÁREZ MOURO
A Baña
Explotación familiar no lugar de Campelo, parroquia de A Riba,que evolucionou a unha cabana de máis de 100 vacas en lactación e unha produción de 1 millón trescentos mil litros de leite ao ano, en unha superficie de 60 Has.
LANDEIRA SCG
Negreira
Cooperativa leiteira da parroquia de Landeira, con máis de 170 vacas para muxir e unha produción anual de cerca de 3 millóns de litros en 117 Has.
SAT PERILLA
Santa Comba
Histórica explotación de leite da parroquia de Alón, con máis de 160 vacas adultas e unha produción anual de máis 1 millón setecentos mil litros en 62 Has.
JOSÉ RAMÓN PEREIRA
Mazaricos
Granxa familiar de As Espigas, na parroquia de Alborés, dedicada á produción de carne de vacún de alta calidade con máis de 100 animais e 50 Has de superficie traballada.
CÉLTIGOS SCG
Santa Comba
Cooperativa da parroquia de Grixoa, lugar de Vilar, con 180 vacas en lactación acadando unha produción de cerca de 2 millóns de litros ao ano en 85 Has traballadas.
SAT VILA ALBORÉS
Mazaricos
Granxa da parroquia de Alborés, ubicada no lugar de Vilaferreiros, con máis de 340 vacas para muxir e con unha produción anual de 4 millóns cen mil litros de leite en 156 Has.
SAT CAAMAÑO
Mazaricos
No lugar de As Espigas, parroquia de Alborés, esta explotación leiteira ten máis de 135 animais en lactación, producindo 1 millón seiscentos mil litros leite ao ano en 61 Has.

LOCALÍZANOS

Google Maps axudarache a chegar a nós

GALERÍAS

Coleccións de imaxes da CUMA agrupadas por temas

CONTACTA CON NÓS

Enche o formulario e envíanos o teu comentario ou suxestión