Maquinaria, forraxes, recría e venda xovencas en común
No ano 2002, 8 socios das comarcas do Xallas e Barcala, decidimos facer unha cooperativa de maquinaria para paliar as necesidades das nosas explotacións e, rendabilizar as inversións. De aí saiu a CUMA de Xallas e Barcala
Posteriormente, en base á experiencia adquirida no traballo en común da CUMA, decidimos crear un centro de recría de xovencas, onde unha becerra entrará aos poucos días de vida e sairá a punto de parir, para abastecer de animais de calidade as nosas granxas e vender tamén ao público. Este proxecto chmámolo Gandeiros de Xallas e Barcala (GANXABAR).
Por último, ata o momento, para pechar o círculo de necesidades básicas das nosas explotacións, decidimos facer unha cooperativa de forraxes, para auto-abastecernos de alimento de calidade para os nosos animais e a un prezo máis barato. Esta realidade é Forraxes de Xallas e Barcala (FORXABAR)
- 1200 XOVENCAS EN RECRÍA E PARA A VENDA
- 1500 vacas muxíndose diariamente
- 1000 HAS EN PRODUCCIÓN DE FORRAXES
- Terreo propio e alugando para millo e herba
- 2500 METROS CÚBICOS DE SILOS PARA FORRAXE
- Carros unifeed distrbúen a mestura alimentaria por todas as explotacións
- 1 COLLEITADORA, 3 TRACTORES, …
- Arados, carros Unifeed, sementadoras, …