SOCIOS
- GRILLE SCG (Mazaricos)

- Cooperativa nacida en 1967. Nove familias (8 de Grille e 1 de Antes) deciden xuntar todas as súas terras para unha explotación comunitaria. Na actualidade conta con máis de 200 vacas para muxir e ten unha produción de dous millóns cen mil litros ao ano
- ÁNGEL SUÁREZ MOURO (A Baña)
- Explotación familiar que evolucionou a unha cabana de 126 vacas en lactación e unha produción de un millón trescentos mil litros de leite ao ano
- LANDEIRA SCG (Negreira)
- Cooperativa para a produción de leite da parroquia de Landeira, con máis de 190 vacas para muxir e unha produción anual de máis de un millón oitocentos mil litros
- SAT PERILLA (Santa Comba)
- Histórica explotación de leite da parroquia de Alón, con máis de 160 vacas adultas e unha produción anual de máis un millón setecentos mil litros.
- CELTIGOS SCP (Santa Comba)
- Cooperativa da parroquia de Grixoa, con 148 vacas en lactación acadando unha produción de un millón e medio de litros ao ano.
- SAT VILA ALBORÉS (Mazaricos)

- Granxa da parroquia de Alborés, ubicada no lugar de Vilaferreiros, con cerca de 300 vacas para muxir e con unha produción anual de tres millóns douscentos mil litros de leite.
- SAT CAAMAÑO (Mazaricos)

- No lugar de As Espigas, parroquia de Alborés, esta explotación leiteira ten máis de 115 animais en lactación, producindo un millón douscentos mil litros leite ao ano.
- GANDERÍA DOREIRO (Mazaricos)

- Granxa familiar de As Espigas, na parroquia de Alborés, dedicada á producción de carne de vacún de alta calidade, con máis de 100 animais e 50Has de superficie.
